Guía: Chisco Almuíña, primer guía sordocego de Galicia e autor de Cantigas de Cego
Data: 10 de maio de 2025
Hora: 10h
Distancia da ruta: 10,5 km
Tempo da ruta: 3 h
Itinerario da ruta: Circular
Comezo: Capela da Igrexa (Vilela (Taboada). Xunto a Casa Romualdo.
Dificultade: Media
Desnivel: Subida: 284 m
Prazas 0
RUTA A EMBELESADORA
De pouco máis de 10 quilómetros, a ruta Embelesadora transcorre polas taboadesas parroquias de San Miguel de Vilela e Santiago de Sobrecedo. Nelas conxúganse boa parte dos elementos da paisaxe natural e cultural que o sur de Lugo atesoura, constituíndo un auténtico monumento á harmoniosa interacción entre o medio e a comunidade que o habita, entre a humanidade e a natureza.
A Embelesadora está conformada como unha ruta sensorial na que sobre todo importa contemplar, cheirar, tocar, saborear e escoitar. O primeiro tramo desta senda leva ao encontro co río Miño. Faio transitando entre pequenas aldeas e lugares, leiras, hortas, soutos e robledas, algunhas áreas de monte cubertas de piñeiro, toxo e xesta.
Xunto ao río convén pararse a contemplar e gozar da espectacular paisaxe que conforman ceo, auga e terra. Terra na que ao longo de séculos os saberes, a creatividade e as mans da xente foron quen de compor con “muras”, viñas e adegas de tan espléndido tapiz.
Ademais de admirar as viñas que se estenden polas dúas ribeiras, e se o nivel da auga no encoro permíteo, pódese contemplar Castro Candaz, un enclave de lenda que hoxe en día permanece mergullado longas tempadas baixo as profundas augas do encoro, emerxendo só en contadas ocasións.
No camiño de volta, a ruta vai deixando atrás os viñedos e, tras atravesar os lugares de Sobrecedo de Abaixo e de Arriba, descende entre prados e leiras para chegar a Rioseco e de alí a Vilar, lugar de inicio e remate da Embelesadora.
Se queres, este ano podes participar no patrocinio dun proxecto arqueóloxico en Galicia facendo unha achega de 5€ AQUI
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
Sen xantar ou con xantar incluído. Prazo máximo pra reservar con xantar ata o martes da semana na que se realiza o roteiro. Non nos responsabilizamos da dispoñibilidade de prazas para xantar para as persoas que só se apunten inicialmente ao roteiro pero logo decidan acudir ao xantar. Non se garante a devolución do importe do xantar unha vez pasado o prazo de anulación da reserva (martes da semana do roteiro). É obrigatorio presentar o ticket do código QR para acudir ao roteiro e ao xantar.
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Roteiro Ribeira Sacra | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
Roteiro Ribeira Sacra + Xantar | 31€ | As entradas están esgotadas. |
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI