Todas as persoas participantes deberán actuar dun xeito responsable co medio ambiente e co patrimonio, e favorecer en todo momento a conservación ambiental e o equilibrio social. odas as rutas estarán coordinadas por expertos de distintas asociacións culturais e de divulgación. Os e as participantes deberán seguir en todo momento as súas instrucións e indicacións.
Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar. Para a realización das rutas recoméndase o uso de roupa e calzado axeitado para camiñadas. En caso de mal tempo, recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable.
A chuvia non será impedimento para a realización da ruta. No entanto, a organización resérvase o dereito de modificar rutas do programa se o considera necesario. En caso de suspensión do evento por parte da organización debido ás inclemencias do tempo, comunicarase unha nova data de realización e devolveranse os cartos ás persoas que non podan acudir á nova data.
Dende esta web. Aquí podes ver un vídeo que explica o proceso.
Para facer a inscrición é preciso facer un pago previo de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por ésta mesma vía telemática. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e polo tanto non será devolto.
Cada roteiro dispón de 65 prazas. A medida que se vaian completando as inscricións irá descendendo o número de prazas dispoñibles. Cando non haxa prazas o sistema non permitirá a inscrición e aparecerá unha etiqueta de roteiro “COMPLETO”
O prazo de inscrición nos roteiros pecharase 24 horas antes da celebración do mesmo non máis tarde do venres anterior ao roteiro no caso de que se celebre un domingo.
Non é necesario, pero os pais/nais/titores deberán indicar os datos do menor no momento da inscrición. Nome, Apelidos, idade.
Os menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto maior de idade que se faga responsable del ou dela para todos os efectos.Estarán cubertos igualmente polo seguro de accidentes pero baixo a tutela sempre dun adulto.
Maiores de 70 anos non están cubertos polo seguro de accidentes. Poderán acudir pero baixo a súa responsabilidade. Antes de participar, asegúrese de que a ruta adaptase ás súas capacidades físicas, tendo en conta o percorrido, desniveis, obstáculos etc.
Si, antes do xoves da semana no se que realice o roteiro. Fóra dese prazo xa non se devolvería o importe nin da inscrición nin da fianza.
No caso de que as persoas inscritas non acudan ao roteiro no que están inscritas non se devolverá ningún importe xa que as súas prazas quedaron ocupadas.
Non. O prezo da inscrición é somentes unha fianza de 4€ + 1€ de gastos de xestión, pero non inclúen comida que será por conta de cada participante. Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar.
Non. Se precisas un medio de desprazamento para chegar ata o punto de partida e volver podemos porte en contacto co resto de participantes. Hai xente que comparte coche e podedes ir xuntos
Non. Pero no caso de querer pernoctar pola zona podemos facilitar datos de aloxamentos recomendados
Salvo indicación expresa, os e as participantes poden sacar fotos e divulgalas. Así mesmo a organización de RdH pode facelo do mesmo xeito, cedendo os participantes os dereitos de imaxe para a súa divulgación polas entidades organizadoras de Rutas de Historia.
A organización fará todo o posible por auxiliar ao escursionista en caso de accidente, pero non se responsabiliza dos danos que puidera ocasionarlle. Polo tanto, o escursionista exhonera á organización de toda responsabilidade en caso de accidente.