Ben é sabido que Galicia oculta un rico e variado patrimonio cultural, a maior parte del, aínda, esquecido. Algúns destes bens ocultos son os seus castros, igrexas, mosteiros, as súas fortalezas, torres e castelos que, de poñelos en valor, converterían a Galicia nunha auténtica potencia no turismo patrimonial.
Por iso, a idea sobre a que xira Rutas de Historia é abrir un novo xeito de disfrutar do turismo baseado no potencial patrimonial e histórico que atesoura Galicia, desde os seus petróglifos, ata as súas fortalezas militares, pasando pola súa riqueza románica, castrexa, romana ou medieval.
O noso obxectivo é ir concienciando á sociedade galega da importancia que ten a súa historia e o seu patrimonio. Unha historia e un patrimonio que, ademais, poden servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis tamén poden ter un retorno económico ao tempo que axudan a conservar e potenciar o medioambiente.
Neste sentido, Rutas de Historia, ten previsto a realización de roteiros históricos polas catro provincias galegas para ir fixando na poboación a idea de que a historia e o patrimonio tamén poden ser riqueza para un país. As rutas previstas abarcan varios períodos históricos; desde a Prehistoria ata a Edade Contemporánea.
Para a realizacións deste proxecto cóntase, ademais, coa colaboración de diversas entidades e asociacións locais, entre as que están Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo ou Colectivo Capitán Gosende, ademais do soporte do portal Historia de Galicia (www.historiadegalicia.gal ).
info@rutasdehistoria.com