Por unha doazón mínima de 5€, podes participar no futuro dun proxecto arqueoloxíco en Galicia!
Gustache a historia e o patrimonio? Agora podes formar parte activa da súa conservación! Cunha pequena doazón que ti elixas, non só axudas a protexer a arqueoloxía e o patrimonio galego, senón que ti poderás votar para elixir a que proxecto irá destinado o diñeiro. Entre todas as persoas doantes votaremos para decidir que escavación ou investigación recibirá o apoio económico.
E hai máis: os doantes poderán disfrutar dunha ruta exclusiva no xacemento ou ben patrimonial gañador, onde descubrirán os seus segredos en primeira persoa. Unha experiencia única para os amantes da historia!
Por que participar?
✅ Podes decidir o destino da túa achega a un proxecto gañador
✅ Axudas a preservar o legado e patrimonio de Galicia
✅ Disfrutarás dunha visita privilexiada
Non deixes que outros elixan por ti!
Doa, vota e forma parte desta aventura arqueolóxica.
📅 Data límite para participar: Outono 2025
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Doazón a proxecto arqueolóxico en Galicia | 5€ | ||
Doazón a proxecto arqueolóxico en Galicia | 10€ | ||
Doazón a proxecto arqueolóxico en Galicia | 25€ | ||
Doazón a proxecto arqueolóxico en Galicia | 50€ |