Data: 1 Xuño de 2024
Punto de encontro Rúa da Estación, 25, 36430 Arbo 9:30h
Lonxitude 4,5 km
Duración 4 horas
Dificultade baixa
Prazas dispoñibles 1
Guía: Oscar Pazos Rodríguez. Xeólogo. Autor de: A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes da Galiza.
Este roteiro lévanos ao máis fondo do río Miño, alí onde os romanos partiron en dous un val en busca de ouro. Visitaremos en Arbo as minas romanas de ouro de A Lagoa, que abarcan unhas 40 hectáreas e da que se cre que se moveron dous millóns de m3 de sedimentos .Pasearemos por restos de minaría galaico-romana e poderemos ver tamén algo da historia xeolóxica e etnolóxica deste río coas súas formas sorprendentes e as súas vellas pesqueiras medievais.
A andaina percorre tres pequenas explotacións antigas de ouro nas terrazas do Miño en Arbo, boa pare delas integradas na paisaxe humana de Arbo entre o barrio da Estación e o lugar de Chan. Veremos as xeoformas mineiras que deixaron as explotacións e interpretaremos os traballos no seu contexto xeo-mineiro e histórico, achegándonos ás circunstancias dun momento chave da nosa historia: o inre da invención da Gallaecia e do propio Imperio romano, da que aquela foi provincia e xunto ao que naceu, van xa vinte séculos e medio. Amáis, baixaremos a unha pesqueira no río Miño e, alén de probar sorte coa batea, falaremos da vella -e problemática- relación literario-gastronómica da lamprea e a minaría do ouro, nunha regueifa de supostos e malentendidos literarios e xornalísticos que nos leva dos autores greco-romanos coma Arquestrato e Dion-Casio aos máis senlleiros escritores do século pasado, como Cunqueiro, Cela o Camba.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com