O portal web RUTAS DE HISTORIA (www.rutasdehistoria.gal) pon en marcha unha nova edición dos seus roteiros históricos. Unha edición que este ano ven marcada por dúas estacións, a de primaveira e a de outono. Así, nesta primavera terán lugar tres roteiros que teñen como protagonistas á historia literaria de tres cidades galegas; Vigo, A Coruña e Santiago.
Estes roteiros están dentro do proxecto “Roteiros literarios históricos de Galicia”, impulsado tamén desde o portal de Historia de Galicia, coa pretensión de crear unha serie de andainas literarias atractivas para os interesados en coñecer as tramas onde teñen lugar as historias de obras da literatura galega ou lugares que marcaron a algúns dos nosos grandes escritores.
Deste xeito, os participantes percorrerán as rúas, camiños e prazas que están representadas en novelas ou que formaron parte da paisaxe vital ou literaria de moitos e moitas das nosas escritoras. Algunhas destas vivencias poderán ser disfrutadas, ademais con escritores de novela histórica que serán os encargardos de guiar aos partipantes polos lugares simbólicos da súas novelas.
Entre os guías destes tres primeiros roteiros están os escritores Marcos Calveiro e Manuel Gago e o guía e historiador Suso Martínez. Os “Roteiros literarios históricos de Galicia” están dirixidos a todas aquelas persoas interesadas na literatura galega e, en particular, no xénero histórico, e que, ademais, gosten da nos historia, o noso patrimonio, das actividades ao aire libre e teñan sensibilidade co idioma galego.
Roteiros
Estes son os roteiros nos que podes participar:
1. “O Vigo de Paco del Riego: o renacer da cultura galega“, guiado por Marcos Calveiro. O roteiro descorre polas rúas máis céntricas de Vigo a onde chegou, tras ser depurado como profesor universitario por ser galeguista e afecto a Fronte Popular, ao remate da Guerra Civil na procura dun xeito de gañar a vida naqueles tempos incertos e escuros. E Vigo sería xa para sempre o seu topos, ata a data do seu falecemento en 2010. Data: 20 maio
Inicio:
2. “A mansión dos milesios e fogar de Breogán… A Coruña que cantou Murguía“ (COMPLETO) . Andaina guiada polo guía e historiador Suso Martínez para descubrir as claves atlánticas dende o mundo dos mitos ata a arribada dos chieftains gaélicos no XVII e a súa configuración como identidade de Galicia polos membros da Cova Céltiga. Un recorrido dende a Pescadería Coruñesa ata o Cemiterio de Santo Amaro, incluíndo a visita do Museo Arqueolóxico de San Antón.nData: 10 xuño.
3. “O sangue das pantasmas, unha viaxe ás sombras de Santiago“ (COMPLETO) . Este roteiro, guiado polo escritor e divulgador Manuel Gago, explora Santiago de Compostela desde unha perspectiva moi singular: a da traza das pantasmas, aparecidos e visións de ultratumba que se contaron na capital galega e que recolle na súa obra ‘O sangue das pantasma”. Data: 17 xuño.
Máis andainas en outono
Xa en outono están programados outros cinco roteiros, tamén con escritores, arqueólogos e divulgadores culturais. Serán en Celanova, a Pobra do Brollón, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa e Sada que serán anunciados a comezos de setembro.
Os alcaldes, guías do patrimonio
Rutas de Historia vén de rematar este 6 de maio o último dos roteiros do proxecto ‘Coñecendo a historia cos alcaldes de Galicia’, unha iniciativa que que converteu en guías turísticos e históricos por un día aos alcaldes de Tui (Pontevedra), Enrique Cabaleiro (PSdeG); Castro de Rei,(Lugo) Francisco Balado (PPdeG); Outes (A Coruña, Manuel González (Compromiso Outes) e A Mezquita (Ourense), Rafael Pérez (BNG).
Deste xeito, os alcaldes foron os guías dun grupo de máis de medio cento de persoas pola historia e o patrimonio dos seus concellos e deron a coñecer os “segredos ocultos” e as “anécdotas históricas” que atesouran.
Iniciativa de historiadegalicia.gal
A realización destas andainas, que están coordinadas polo Historia de Galicia e contan co soporte da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os roteiros teñen unha duración de entre catro e seis horas e serán realizados durante as mañás. Serán circulares e as persoas interesadas terán que levar roupa axeitada e comida e bebida para o camiño. Todos os participantes deberán inscribirse, previamente, na nosa páxina web cunha antelación non inferior a 24h.