Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverán os importes de inscrición, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia.
Rogamos que quen non poda acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
Data 20 maio de 2023
Duración 2,5 horas
Dificultade baixa
Lonxitude 8 km
Guía Marcos Calveiro, escritor
Punto de encontro Estación Tren Urzaiz
Hora de saída 10:30h
O roteiro descorre polas rúas máis céntricas de Vigo, partindo da estación de tren de Urzáiz, á que Francisco Fernández del Riego chegou, tras ser depurado como profesor universitario por ser galeguista e afecto a Fronte Popular, ao remate da Guerra Civil na procura dun xeito de gañar a vida naqueles tempos incertos e escuros. E Vigo sería xa para sempre o seu topos, ata a data do seu falecemento en 2010. Percorremos o seus espazos vitais mías tamén aqueles lugares máis senlleiros da historia da edición viguesas
e galega.
Fachada antiga estación tren Urzáiz en Vigo
O percorrido leváronos por aqueles lugares da cidade olívica que o marcaron, dende o despacho do avogado Alvarez Gándara, ao Colexio Mezquita, pasando pola sede histórica da editorial Galaxia da que foi fundador, a Fundación Penzol, ou o que foi o seu derradeiro domicilio na praza de Compostela.
Alameda praza Compostela, Vigo
Tamén polos cafés e faladoiros onde se xuntaba con Cunqueiro, Xohán Ledo, Illa Couto e tantos outros.
Aproveitaremos tamén a andaina para deternos nalgúns dos fitos da edición viguesa que é o mesmo que dicir galega, dende a editorial Cies a edicións dos Canteres gallegos de Rosalía de Castro.
Un percorrido vital individual, máis tamén colectivo, polo renacer da cultura galega tras anos asoballada, aquel soño galeguista, un país de Nós, que a Guerra Civil e a ditadura fascista quebraron pero que el, pero que don Paco del Riego, foi corcosendo con todos os farrapos que foi atopando, aquí, na terra, e no exilio en Buenos Aires e Montevideo.
Patronato da Fundación Penzó – Ano 1998 | Foto Concello de Vigo
E remataremos andaina na Fundación Penzol, que tamén fundou e obxecto doseus desvelos durante os derradeiros anos da súa vida. Aló visitaremos a exposición do 60 aniversario desta verdadeira casa do saber onde poderemos completar algunhas das alfaias da súa colección.
info@rutasdehistoria.com