Data: 9 Novembro de 2024
Punto de encontro Adro da igrexa de Diomondi – Ver en Google Maps
Hora 9:00h
Lonxitude 9 km
Duración 5 horas aprox.
Dificultade media
Prazas dispoñibles 0
Guías Sonia García (INCIPIT, CSIC) a última arqueóloga que escavou en Diomondi e Xurxo Ayán: E Xurxo Ayán (NOVA de Lisboa), deconstrutor da Ribeira Sacra.
Este roteiro visitará o berce de San Paio, na igrexa-pazo de Diomondi, onde o bispo Odoario foi testemuña no século VIII da invasión árabe e logo da reconquista do territorio lucense polo rei Afonso I. Percorreremos un dos tramos máis singulares do Camiño de Inverno no sur lucense: a ruta dos Cóbados de Belesar, orixinalmente un tramo dunha vía romana secundaria entre Braga e Astorga, que data de entre os séculos I e IV. Visitaremos o berce do románico galego da Ribeira Sacra entre a igrexa románica de Diomondi, que a longo da súa complexa historia foi residencia de verán dos bispos de Lugo, e o fermoso mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño. Tamén coñeceremos o que antigos escritores nos deixaron escrito desta terra sacra.
Unha viaxe á orixe da Ribeira Sacra. Un bispo norteafricano algo mintireiro. Os mortiños do século X baixo o cuarto dun albergue de pelegríns. Unha aldea abandonada. Un indiano de Diomondi en Manhattan. Dúas igrexas monumentais que ficaron se rematar. Un pazo que gorentaba Carmen Polo. A agochada influencia do Uruguai. A paisaxe románica do electrofascismo. Santo Estevo de Ribas de Miño. Percorrido.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com