Guías: Anxo Angueira, autor de “Pensa Nao” – Xoán Xosé Vicente, Concelleiro de Cultura e Patrimonio de Dodro.
Lugar de aparcamento: O Valo de Manselle.
Lugar de saída: O Souto de Manselle ás 09:00h.
Lugar de chegada: Hórreos de Imo ás 14:30h aproximadamente.
Nota: O roteiro é líneal pero ao final do mesmo haberá un autobús para levar aos participantes de volta ao Val de Manselle. O custe corre a cargo do Concello de Dodro
Roteiro no que se combinan a historia da represión nos inicios da rebelión franquista, o patrimonio arqueolóxico, natural e paisaxístico que nos atopamos polo camiño e a literatura.
Durante o percorrido e na aldea de Manselle (Sernanselle na obra literaria) teremos varios paneis con textos do libro “Pensa Nao” de Anxo Angueira que nos fan referencia ós lugares citados na obra: casas de indianos, cruceiros, petróglifos, castros etc.
Anxo Angueira na aldea, fará unha lembranza da historia que se reflexa no libro, mentres que un arqueólogo nos guiará polos petróglifos e o Castro de Bexo (Castro de Mouras no libro)
A historia comeza no San Martiño de 1935, a pouco menos dun ano do comezo do alzamento que desencadearía a Guerra Civil. O ambiente está tranquilo neste núcleo rural pero respírase a tensión, froito das friccións derivadas das interaccións dos seus habitantes. Cada un con cadanseu soño e con cadansúa ilusión. Cando as ilusións se confrontan, xorden os enfrontamentos que se van atenuando ata romper os límites. Os que están de acordo co actual estado das cousas empregan todas as súas enerxías para perpetuar esa situación. Namentres, os desconformes tratan de cambialas, creando unha cooperativa moderna e aproveitando as potencialidades da zona. Sernanselle é o lugar da xénese da súa cooperativa e dos sucesos nos que en torno a ela transcorre esta historia e o sendeiro que vamos a percorrer por terras de Laíño.
Coa colaboración de:
Concello de Dodro.
Anxo Angueira (Presidente Fundación Rosalía de Castro )
Carlos Otero (Arqueólogo)
Punto de encontro
O Valo de Manselle
Punto de encontro
Souto de Manselle
Hora de saída
9:00h
Finalización
14:30h
Inclúe
Seguro de accidentes
Este roitero xa está completo.
Este roteiro foi visto 4,806 veces na última semana.
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
Roteiros vistos recentemente
As irmás Touza. As “xustas” galegas do holocausto
Finalizado
Castro de Rei, unha viaxe na procura do centro da terra
Finalizado
Na procura do ouro perdido do río Miño
5€
A Serra do Barbanza, mámoas e castelos ocultos na pequena Escocia galega