Ruta pola ribeira de A Fonsagrada, seguindo a estrada inacabada da república, para contemplarmos, entre outras moitas cousas, a importante pegada que deixou a extracción e o aproveitamento do ferro na zona.
Comezaremos a ruta no Vilar da Cuíña e baixaremos ata as maxestuosas ruínas da Ferrería del Buen Retiro. Despois de visitar este complexo siderúrxico, continuaremos a carón do río Lamas e do río Navia percorrendo a Carretera da República ata chegarmos á Fábrica da Fornaza; alí visitaremos a antiga fundición, onde en tempos se obtivo chumbo, prata e posteriormente ferro. Acercarémonos tamén ata a Casa da Dirección, edificio destinado a albergar os enxeñeiros que traballaron no proxecto do encoro do Gran Suarna. Dende este punto iniciaremos a subida ata a aldea de A Fornaza, lugar no que poderemos contemplar unha impresionante paisaxe dende a súa coñecida capela.
NOTA: Neste roteiro haberá que deixar uns coches ao final do mesmo, para traer logo á xente de volta ao punto de inicio. Dende o punto de encontro ata o punto de partida da camiñata hai 14km e levaranos uns 30 minutos.
A inscrición neste roteiro xa está pechada. Revise o resto de roteiros aínda non celebrados.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com