Data 4 novembro de 2023
Punto de encontro 10.00 horas Parrillada O Fogón. Como chegar
Lonxitude 6km
Duración 4 horas
Dificultade baixa
Prazas dispoñibles 12
Guías: Xurxo Ayán, escritor e arqueólogo
Esta parroquia da terra de Lemos vén sendo dende 2016 un campo de experimentación de novas formas de arqueoloxía comunitaria. Desde diferentes instancias académicas e dende a asociación de veciños María Castaña estase a recuperar un inxente patrimonio arqueolóxico, moito de el inédito ata o momento e que xerou un notable impacto mediático.
Esta visita guiada abrangue a visita á Muradella: o primeiro cairn atlántico documentado en Galicia (2700-2600 a.n.e.), Ringwork de Vilarello: un espazo funerario ergueito na época de xurdimento do primeiros castros (X-IX a.n.e.) ou á aldea abandonada de Repil: onde tivo lugar un combate entre a Garda Civil e a 2ª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 20 de abril de 1949,
Tamén visitaremos a aldea abandonada de Lamas, desaparecida co gallo da gripe española, o Escourial: un excepcional espazo de explotación metalúrxica ao pé do camiño de Inverno, de época prerromana e, finalmente, o Castro de San Lourenzo, castro cristianizado no século X, cunha impresionante muralla, unha necrópole altomedieval e unha ermida baixomedieval.
Contaremos coa presenza da escritora e Premio Nacional de Poesía 2020, Olga Novo e daremos a coñecer pasaxes literarias de autores e autoras ligados a esta paisaxe: Uxío Novoneyra, Ánxel Fole, Manuel María…
Prazas dispoñibles 12
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder AQUI
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com