Guía: Antonio Sandoval escritor, divulgador e ornitólogo
Punto de encontro Aparcadoiro Casa dos Peixes da Coruña
Data: 28 de xuño de 2025
Hora: 10.00 horas
Lonxitude 7 km
Duración Aproximadamente 4 horas, con paradas
Dificultade fácil
Prazas 0
Este paseo discurrirá polo litoral máis emblemático do concello de A Coruña, prestando especial atención á súa biodiversidade, así como a varias lendas e capítulos da historia deste lugar, en concreto da contorna da Torre de Hércules. Será da man de Antonio Sandoval, escritor e naturalista, autor dun libro sobre esta zona: A Torre (Ed. Kalandraka).
O roteiro comezará na Casa dos Peixes, para asomarse á bahía do Orzán, e seguirá xunto á praia do Areal (tamén coñecida como praia das Lapas), próxima á antiga prisión provincial, para despois continuar polo pé da Torre, e visitar este faro, o máis antigo do mundo en funcionamento. Os campos ao norte da Torre, o pequeño cabo de Punta Herminia e a praia de Santo Amaro, lugares cheos de evocacións históricas, pecharán esta camiñata.
A contorna da Torre de Hércules foi declarada hai anos, a iniciativa do Concello de A Coruña, Espazo Natural de Interese Local. O océano que se estende ao seu redor foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA – Directiva de Aves da UE) polo Goberno de España. Ao mesmo tempo, a costa alén da bocana da ría da Coruña (Oleiros) forma parte da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo desde 2013. Ademáis, por suposto, a Torre de Hércules é patrimonio da Humanidade. Estes dous últimos recoñecementos (Reserva de Biosfera e Patrimonio da Humanidade) son selos da UNESCO.
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
É obrigatorio presentar o ticket do código QR para acudir ao roteiro e ao xantar.
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Roteiro - A Coruña | 5€ | As entradas están esgotadas. |
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com