- Data prevista: 20 de xuño 2026
- Dificultade: Baixa
- Duración aproximada: 4 horas
- Lonxitude: 5 Km
- Hora de inicio: 10.00 horas
- Guía: Juan Ramón Vidal Romaní, xeólogo , investigador e catedrático da UDC
- Lugar de encontro: Praia de Balarés (Ponteceso, Coruña) Ver en Google Maps
- Prazas dispoñibles: 0
Roteiro pola Unidade Malpica-Tui, unha das estruturas máis antigas na formación de Galicia. Ao longo do percorrido veremos formas creadas pola disolución do granito, a espectacular duna trepadora do Monte Branco —a máis alta de Europa—, a barra areosa e o tómbolo do Anllóns, e remataremos na praia de Balarés, destacada polas súas concentracións de minerais pesados.
O territorio galego que vemos hoxe é o resultado dunha longa e fascinante historia xeolóxica. A maior parte das rochas que forman Galicia non se orixinaron aquí, senón a miles de quilómetros de distancia, en zonas próximas ao que hoxe é África. Co paso de millóns de anos, estes fragmentos desprazáronse debido ao movemento das placas tectónicas ata chegar á súa posición actual.
Hai uns 380 millóns de anos, estes materiais chocaron e uníronse durante a formación de Panxea, un enorme supercontinente que agrupaba todas as terras emerxidas do planeta. Nese proceso de colisión, os materiais comprimíronse, dobráronse e “soldáronse”, dando lugar á base xeolóxica de Galicia.
Algúns dos principais restos desta historia poden verse en unidades como o Cabo Ortegal, o Complexo de Ordes ou o pregamento de Mondoñedo, que son exemplos de materiais traídos desde lonxe (alóctonos). Pola contra, outros como o Complexo de Malpica-Tui ou o Ollo de Sapo formáronse practicamente no lugar onde están hoxe.
O caso do Complexo de Malpica-Tui é especialmente interesante: chegou a afundirse ata uns 90 km de profundidade durante a colisión continental, antes de volver subir á superficie. Ao longo do tempo, esta zona sufriu varias fases de deformación e actividade magmática, que deron lugar á formación de granitos e ás estruturas que podemos observar na actualidade.
MENU PONTECESO
Arroz con chipiróns
Costela asada con patacas
Viño branco / tinto da casa
Postre
Café
Prezo 17€ + 1€ xestión = 18€
| Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
|---|---|---|---|
| Roteiro Ponteceso | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
| Roteiro + Xantar Ponteceso | 23€ | As entradas están esgotadas. |



