Data: 29 Xuño de 2024
Punto de encontro 27891 Cervo, Lugo – Ver no Mapa 9:30h
Lonxitude 8 km
Duración 4 horas, con paradas
Dificultade Media. Ao comezo hai un pouco de dificultade (O roteiro é pola beira dun río. E a dificultade está ao comezo da ruta. Ten subidas e baixadas de terra, nas que se pode esvarar. En dous puntos hai algo de altura. De feito, hai cordas nas beiras.). Despois xa é doado todo o camiño.
Prazas dispoñibles 40
Manuel Miranda : Divulgador e presidente de Mariña Patrimonio
A ruta comezará cun percorrido polo impresionante castro de Rueta. A continuación, seguiremos a camiñata dirixíndonos cara á desembocadura do río Xunco, na praia de Rueta. Seguiremos o sendeiro que vai á beira do río. Ao longo deste tramo, iremos vendo un considerable número de muíños que noutras épocas aproveitaron a forza das augas do río Xunco.
Cando cheguemos a Cervo, podemos facer un breve alto para tomar un refrixeiro nalgún dos bares que atoparemos no camiño.
Despois retomaremos a andaina, seguindo á beira do río ata chegar ás impresionantes ruínas do monumental muíño do Pernán. Pasado este, comezaremos a ver as ruínas e os vestixios das antigas fábricas de louza e de fundición de Sargadelos.
Finalmente, remataremos a ruta cun percorrido polo antigo complexo industrial de Sargadelos.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com