Data prevista: 6 de xuño
Dificultade: Baixa
Duración aproximada: 4.30 horas
Lonxitude: 8 Km
Hora de inicio: 10.00 horas
Guía: Ricardo Ignacio Valeiras Martinez , historiador e guía turístico no Couto Mixto, e Cesáreo González, da Asociación de Amigos do Couto Mixto
Lugar de encontro: Aparcamento de Santiago dos Mixtos (ao carón do cemiterio de Santiago dos Mixtos) Ver en Google Maps
Prazas dispoñibles: 0
Este roteiro debullará o corazón do que un día foi un país libre e independente de Galicia e Portugal. Camiñaremos polo coñecido como “Camiño Privilexiado”, unha ruta libre de control e impostos, que atravesa Rubiás dos Mixtos e Santiago dos Mixtos, aldeas con forte identidade histórica e con pasado de autogoberno e exención de impostos e continuará cara ao Castelo da Piconha, antiga fortificación fronteiriza con vistas amplas. Durante o percorrido apreciaranse paisaxes de raia seca, muros de pedra, monte baixo e carballeiras. Tamén pasarase por restos históricos ligados ao contrabando e á singular independencia deste territorio.
Tamén coñeceremos o Arcón das tres chaves, un cofre que está na sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás, que custodiaba os documentos fundacionais e actas deste microestado independente entre os século XII e XIX. O Couto Mixto tivo privilexios únicos consentidos por Galicia e Portugal. Os seus habitantes podían elixir nacionalidade, non pagar impostos e dar asilo a fuxitivos. Esta situación rematou tras o Tratado de Lisboa de 1864, que integrou o territorio definitivamente, e de xeito dividido, entre os estados de España e Portugal.
Trátase dun roteiro sinxelo e moi evocador, ideal para combinar natureza, historia e cultura da fronteira galego-portuguesa.
XANTAR
Menú: dous primeiros ( ensaladiña e ameixas mariñeiras)
dous segundos a escoller: (pode ser vitela ou paleta asada) e peixe (pescada).
Tes que escoller o segundo cando fagas o proceso de compra. É para que o restaurante teña unha previsión.
Viño, auga, postre, café e chupitos.
Total 20 euros (mái 1€ de xestión) = 21€
| Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
|---|---|---|---|
| Roteiro Couto Mixto | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
| Roteiro + Xantar Couto Mixto | 26€ | As entradas están esgotadas. |
