13 Setembro 2025 10:00 Praza do Seixo de Tomiño (Fronte ao concello)
- Día: 13 de setemro
-
Punto de encontro: Praza do Seixo de Tomiño (Fronte ao Concello)
-
Hora de inicio: 10.00 horas
-
Lonxitude: 11 km
-
Duración: 4.30 horas
-
Dificultade: Media (Hai algunha subida)
-
Guía: Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga e Xurxo Salgado, xornalista e divulgador
-
Prazas dispoñiblesEsta é unha viaxe por centos de anos da historia dunha poboación de fronteira. Precisamente, este carácter fronteirizo fixo que todo o Baixo Miño estea sementado de castelos, fortalezas e fortíns. A través de antigos camiños, petos de ánima e cruceiros coñeceremos parte desta arquitectura militar, oculta agora na paisaxe. Pararemos nunha delas, onde poderemos ver in situ, unha excavación arqueolóxica dun destes complexos militares construído no século XVII no marco das guerras con Portugal sobre un antigo complexo mineiro de época romana.Tamén coñeceremos, entre paisaxe de viñedos, aves protexidas, como as anduriñas das barreiras e aldeas de arquitectura popular con curiosos símbolos espetados nas paredes. Saberemos, ademais, dos seres mitolóxicos destas terras, como o Tardo, un trasno que atemorizaba aos veciños nas noites de invernía Camiñaremos por rutas e pontes medievais e visitaremos un antigo hospital de peregrinos atribuído á mítica raíña dona Urraca.
Do tema do xantar aínda estamos falando cos locais, polo tanto avisaremos unhas semanas antes de iniciar o primeiro roteiro.
