- Data prevista 25 de abril 2026
- Dificultade Media – alta (Cara ao final hai unha costa difícil de 1,5 km con zonas dun desnivel de máis do 25%)
- Duración aproximada 5 horas
- Lonxitude 12 Km
- Hora de inicio 09.30 horas
- Guía Perfecto Ramos, divulgador e escritor
- Lugar de encontro: O Pantelo (Aparcadoiro da Casa Cultural de Sendelle, Crecente)Ver en Google Maps
- Prazas dispoñibles: 8
Este é un roteiro pola historia da historia de Galicia comprimida nun pequeno territorio. A ruta comeza en O Pantelo, onde se destaca a historia dos veciños de Sendelle, vinculados á nobreza real da Galicia medieval. Continúa cara O Trevezo e A Mariñiña, onde se poden coñecer elementos do patrimonio tradicional como un castro e un muíño de vento, así como a orixe da parroquia como entidade relixiosa. Neste punto tamén se menciona a historia de Micaela Llamazares, unha muller fidalga chegada no século XIX en circunstancias singulares.
En Chan do Souto e Lougarés, a etapa céntrase na paisaxe e nos recursos naturais, como fontes de auga, ofrecendo un espazo de descanso e observación do contorno.
O percorrido segue ata A Tauña, onde se afonda na importancia histórica das vías de comunicación entre Galiza e Castela, o papel do río como fonte de riqueza (pesqueiras) e os conflitos asociados, así como na presenza de castelos e torres de vixilancia.
Na zona de Naviáns e Grovas recórdase a maior catástrofe ferroviaria en Galiza antes do accidente de Angrois, acontecida en 1915.
Ao chegar a Paradela, destácase o seu papel como cruce de camiños medievais e a relevancia das súas augas medicinais. Tamén se aborda a historia cultural e educativa da zona, así como a chegada do ferrocarril e a expansión do pensamento republicano.
Nos muíños do Chedeiro, a ruta introduce historias locais gravadas na memoria popular, xunto con referencias á relación entre territorios separados polo río Miño e á presenza de figuras históricas diversas, incluíndo refuxiados e movementos políticos.
Finalmente, en Angudes, trátanse cuestións de gran relevancia histórica ligadas á igrexa de San Xoán e á figura de Marcelino Gómez Arias, destacando a súa traxectoria política, xornalística e o seu papel na loita republicana e anticaciquil, así como a súa conexión con movementos internacionais.
MENU – ALMORZO
Primeiros – Pinchos de tortilla, empanada, mexilón ou chocos á plancha
Segundos: Merluza á romana / Carne asada ou cordeiro (pasarase unha bandexa para que a xente escolla á vontade)
Auga e viño, postre e café
Prezo 20€ + 1€ xestión = 21€
| Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
|---|---|---|---|
| Roteiro Crecente | 5€ | ||
| Roteiro + Xantar Crecente | 26€ |









