- Data prevista: 16 de maio 2026
- Dificultade: Baixa
- Duración aproximada: 3 horas
- Lonxitude: 6 Km
- Hora de inicio: 10.30 horas
- Guía: Marcos Calveiro, escritor e director de Edicións Xerais de Galicia
- Lugar de encontro: Exteriores da estación de Vialia. Ao carón do ascensor – Ver en Google Maps
- Prazas dispoñibles: 1
Begoña Caamaño, viguesa do Calvario. O roteiro discorre polas rúas do barrio vigués do Calvario onde Begoña Caamaño forxou na infancia parte do seu carácter activista e loitador durante os 10 anos que alí viviu coa súa familia antes de que o progreso, a apertura dunha nova rúa, derrubase a súa casa obrigándoos a mudarse. Percorreremos lugares emblemáticos do barrio, tanto da súa historia reivindicativa, como das propias vivencias da nena Begoña.
O edificio Bandeira, a Igrexa dos Picos, o Mercado, os cines, a Sociedade de Agricultores, a fabrica de papel, a clínica o Magnolio… Un tempo da nenez en que Begoña chegou a ser alumna de francés nun colexio do barrio dunha profesora ben nova que se chamaba Mª Xosé Queizán. As pequenas historias dun barrio obreiro que forzaron e deixaron unha pegada indeleble en Begoña Caamaño.
Un percorrido vital individual, máis tamén colectivo, sobre a historia dun dos barrios máis senlleiros da urbe viguesa en que nos acompañarán tamén os propias palabras da autora homenaxeada no Día das letras galegas 2026.
Non hai xantar organizado neste roteiro.
| Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
|---|---|---|---|
| Roteiro Vigo | 5€ |




