Roteiro cupo completo.
Pode enviar solicitude de lista de espera no email info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de contacto.
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:PRAZAS COMPLETADAS.
Para inscrición na lista de espera enviar email ou escribir dende a sección de CONTATO
A ruta comeza polo Paseo Fluvial, pasando pola igrexa de San Domingos e Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, continuado ata o centro de Tui onde se visitará o barrio de Riomuíños e seguindo ata ruta dos muíños do río Tripes, un río que nace no Parque Natural do Monte Aloia, e que se pode seguir por un camiño ancho e empedrado no que hai 20 muíños de máis de 200 anos de antigüidade. Algún deles serviu, ademais, como vivenda.
Logo do xantar haberá unha visita ao conxunto histórico de Tui coa visita á catedral e o entrono catedralicio para coñecer tamén o rico patrimonio xudeu desta vila medieval.
(Opcional) Xantar en La de Manu – Prezo 24 €
Menú
1º plato
– Tortilla española
– Saquito recheo de setas e langostinos
– Pan Bao relleno de carrillera ibérica
2º plato (Un prato a elexir cando confirmes o pedido)
– Solombo de porco ao roquefort ou á pementa
– Carrilleras de tenreira estofadas
-Secreto de porco con salsa de champán
-Codillo de porco ao forno
-Tiras de polo rebozadas
-Brocheta de salmón con piña á prancha e salsa agridulce
-Lombo de pescada en salsa verde
– Spagueti negro con salsa de marisco
– Tagliatelle verdi al pesto
Bebida, postre e café
Máis información sobre o Concello de Tui
info@rutasdehistoria.com