Percorreremos o casco vello da Pobra do Brollón, vila fundada en 1304 por El-Rei Sancho IV e nó de comunicacións no Camiño de Inverno. Dende aí iremos polo Camiño Real até o castro de San Lourenzo, onde se descubriu unha necrópole altomedieval (século IX-XII) sobre un poboado metalúrxico castrexo. Continúa a visita na igrexa de Cereixa, na aldea abandonada de Lamas e na aldea de Repil onde tivo lugar un combate da guerrilla coa Garda Civil o 20 de abril de 1949. De volta á Pobra visitaremos os restos do palacio do bispo de Lugo, e a aldea de Nogueiras.
XANTAR
Recomendacións- Debido que hai poucos restaurantes e ese día hai feira na Pobra do Brollón, a xente ten liberdade pera elixir un sitio on comer pola vila ou na mesma feira, para retomar a marcha despois.
CANCELACIONS
Ata o venres 22 de maio ás 12h aceptaránse as cancelacións sen custe de fianza.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com