Data 23 setembro de 2023
Punto de encontro Praza Maior de Celanova, ás 10 horas – Ver no mapa
Para os interesados/as nunha sorpresa que Rutas de Historia ten prevista para a mañá dese día, a hora de encontro é ás 07.30 horas diante do mosteiro de Celanova “Se as condicións metereolóxicas nolo permiten”.
Logo ás 10.00 horas a xente que participe desta sorpresa xa se incorpora ao inicio do roteiro
Lonxitude 7km
Duración 4 horas
Dificultade media
Guía Antonio Piñeiro: Xestor cultural no Concello de Celanova, escritor, divulgador, director da revista Auria e columnista de La Región
Este roteiro trata de coñecer o longo recorrido co que conta a historia de Celanova e cómo as sucesivas pegadas patrimoniais que esta deixou sobre o espacio, constitúen unha máis que fiel extrapolación da propia historia de Galicia.
Tamén descubriremos como a paisaxe das terras de Celanova influiu na obra literaria Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo ou Méndez Ferrín e adentraremonos nalgunhas lendas que se conservan no entorno, tales como a da Virxe do Cristal, a cidade perdida Cachiquimbra ou a pedra de San Rosendo, interpretándoas como singulares lecturas da historia por parte da sociedade que a protagonizou.
O roteiro parte do centro de Celanova e pasa por Castromaoe Vilanova, pasando polas casas de Curros e Celso Emilio.
XANTAR EN CELANOVA Mesón Vieira
Menú: variado de primeiro (croquetas, ensaladilla, calamares, lacón…) / carne (carne asada ou carrilleiras) e peixe (pescada) que se porá en bandexas na mesa / viño da casa e auga/ variado de postres caseiros e café.
Prezo 18 euros
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder AQUI
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com