Comezaremos a ruta subindo ata o maxestuoso castro do Coto da Vela de Morás. Dende alí colleremos o sendeiro costeiro ata chegar ao singular porto de Portocelo. Continuaremos camiño cara ao castro e ás ruínas da antiga igrexa de San Tirso. Dende este punto iniciaremos unha subida, pasando pola Pena Sombrereira, ata chegarmos ao Monte Castelo. A ruta seguirá cara ao castro da Croa de Antemil. Despois de visitarmos este peculiar asentamento, dirixirémonos en dirección á Punta Mansa, dende onde acometeremos o tramo final, chegando ao Castro de Ceranzos e á fermosa praia de Esteiro.
NOTA: Neste roteiro haberá que deixar uns coches ao final do mesmo, para traer logo á xente de volta ao punto de inicio.
FINALIZADO

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com