A vizosa terra da Ulla foi un territorio densamente habitado e disputado na Idade Media. En dúas parroquias estradenses, Berres e Riobó, escenifícanse de maneira moi singular a transición entre a belicosa Idade Media e o morno Antigo Réxime, a través de fortificacións medievais como as Torres da Barreira, a Mota, o Couto de don Henrique ou a Rocaforte, e pazos coma o de Oca, a Mota ou o casal de Vilancosta.
Neste percorrido exploraremos como estes cambios históricos deixaron interesantes transformacións na ocupación do territorio, pero tamén na cultura e no imaxinario, chegando mesmo ata as primeiras testemuñas da industrialización de Galicia e o nacemento do artesanato da madeira que singulariza estas parroquias, como un abraiante obradoiro de gaitas e requintas con douscentos anos de traxectoria.
Importante: O roteiro non inclúe a entrada ao Pazo de Oca. Non está previsa no itinerario.
Finalizado

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com