Finalizado
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:Partiremos dende Sanxés, onde poderemos ver unha serie de esculturas de madeira talladas por un veciño do lugar, Manuel Marqués. Despois de atravesar esta aldea, internarémonos nas fragas de Sanxés e de Teixido. Desviarémonos nalgún momento para achegarnos ao mirador de “Pena do Castelo”, e os máis aguerridos poderán acercarse ata unha seimeira que se atopa nas proximidades.
Remataremos en Vilarxubín facendo un percorrido por esta fermosa aldea que, entre outros elementos de gran interese etnográfico e arquitectónico, ten a particularidade de que cada casa conta con dous hórreos: un rectangular, de estilo mariñao e o outro cadrado, coma os da montaña luguesa.
TRANSPORTE
Sairemos en coches dende a Praza dos Fornos ata o punto de inicio da ruta. Ao rematar o roteiro agardará un autobús para a volta. O autobús pode que teña que facer dúas viaxes dado que é un microbus de 20 prazas, por mor do ancho das estradas da zona.
O prezo do autobús é de 5 € – Pago obrigatorio non reembolsable.
Enlace de pago só para as persoas que fixeran a súa inscrición neste roteiro anterior ao día 18 setembro de 2022
https://rutasdehistoria.com/product/autobus-a-pontenova/
XANTAR
Restaurante – Menú 16€ Inclúe: Primeiro. Fabada e arroz . Segundo carne asada e troita, pan, bebidas, postre e café
https://rutasdehistoria.com/product/xantar-a-pontenova
PRAZO PARA RESERVAR – mércores 21 setembro 2022
CANCELACIONS
Aceptaranse cancelacións ata unha semana antes da data do roteiro. A partir desa data xa non é posible cancelar nin solicitar a devolución da fianza.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.