No multiusos haberá unha primeira parada para coñecer as riquezas patrimoniais e paisaxísticas deste concello da raia. Desde alí, collerase un autobús para ir ao Alto da Canda, linde natural de Galicia, Castela e León e Portugal. Farase andando un tramo da Vía da Plata.
Camiñarase por terra de paso de peregrinos pero tamén de segadores e de arrieros, tratantes e viaxeiros chegados aquí polos máis diversos motivos. Na Vilavella, está a igrexa dedicada a santa María da Cabeza. No descenso ao Pereiro pasarase por unha ponte sobre o arroio da Veiga do Pontón, e por vellos camiños empedrados, acubillados por centenarios valados ou muros de pedra. É esta unha zona de grandes canteiros, arte expresada na xenuína arquitectura popular e relixiosa.
Tras a comida, collerase o bus ata Cadavos para facer a ruta da pana, pasando polo penedo dos tres reinos ata a “Moimenta, parque natural de Montesinho”. unha vez alí visitarase o museo do contrabando a igrexa, a forxa e muiños. Tras un refrixerio nunha taberna tradicional voltaremos ao punto de inicio.
Opción de reservar xantar previo pago
[icon name=”utensils” prefix=”fas”] Menú en O Cazador
1º Caldo
2º Carne de Cachena guisada en setas
3. Arroz con leite
bebida e café
14,20 €
Máis información sobre o Concello de A Mezquita

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com