Este roteiro xirará en torno ás obras que promoveron figuras claves do Betanzos de finais do SXIX e comezos do XX, os irmáns García Naveira, indianos e filántropos que tiveron una grande actividade como promotores de construcción de diversos tipos, e o empresario francés Juan Etcheverry e os sus herdeiros en diversas décadas.
O paseo contará con nove paradas.
Arrancaremos dende a Praza adicada ós irmáns García Naveira, alí veremos a estatua que eles mesmos costearon e que en orixe estaba ubicada no máxico lugar ó que chegaremos na derradeira parada, e tamén onde máis tempos pasaremos.
Na mesma praza atoparemos una maravillosa obra modernista, a casa de Juan García Naveira e o banco máis antigo de España, de Juan Etcheverría, de 1717.
Entrando no casco vello atoparemos os dous seguintes puntos a visitar ambos, legados póstumos de Don Xesús García Naveira.
Atopamos, na seguinte edificación, a vena máis filantrópica dos irmáns García Naveira. Un dos dous lavadoiros que construiron para facilitar ó día a día dunhas profesionais tan expostas ó frío como eran as antigas lavandeiras.
Chegamos á xoia da obra dos indianos. Promovidas por Don Juan en solitario, o Pasatempo é un parque único e moi extraño e difícil de catalogar. Xardín, parque escultórico, parque didáctico de marcado carácter enciclopédico, enclave masón, motor da economía betanceira da época… todos estes puntos e moitos máis, serán debidamente explicados durante a visita.
Por último visitamos o emplazamento da antigua curtidoría de Marcelino Echeverría, que tivo a deshonra de ser o campo de concentración durante os derradeiros meses da guerra provocada polo golpe de estado militar do ano 1936. A enésima mostra do patrimonio industrial e histórico que desaparece sen recibir a protección merecida.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com