A visita comeza na Igrexa de Duarría, onde se descubriron sepulturas paleocristianas, un camafeo coa inscripción S.P.Q.R, e un tesouro de moedas de emperadores romanos, o coñecido como “Tesoro de Áureos de Duarría”.
Tras iso, a ruta iría pola ponte romana de Duarría, que data da época romana/baixa idade media e ata o Barrio dos Castedos onde residiu José Castedo Teijeiro, inventor dun fusíl similar ao máuser. Posteriormente visita a un pequeño muíño de catro séculos de antigüidade.
Tras iso, colleriase un autobús cara á Parroquia de Duancos, onde se visiotará a Casa do Colexio, e capela, fundada polo marqués de Atalaia Bermeja, así como a casa dos señores. Logo a Fonte da Virxe, Pazo de Perejón e Igrexa de Orizón.
Logo fariase unha parada para xantar. Pola tarde, tamén en autobús visitarase o Castro de Viladonga, a Fonte da Troita, no Couto de Á, e farase unha parte da Ruta do Azúmara. Posteriormente, colleriase o autobús para ir á Ponte de Outeiro e ver o Lugar no que naceu Manuel Becerra Bermúdez, (ministro de fomento e ultramar no século xix) e o carballo centenario de Luxís na parroquia de Pacios.
Xantar en Castro de Rei (*Provisional, pendente de confirmar)
1º Prato
Callos
Ensaladilla de cangrexo
Brócoli á galega
2º Prato
Pescada á mariñeira
Lacón cocido
Lomo de porco á prancha
viño da casa, auga, unha cervexa ou un refresco, sobremesa e café
Prezo 15 euros

Concello de Castro de Rei
Máis información sobre o Concello de Castro de Rei

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com