Data 28 outubro de 2023
Dificultade Alta (A xeira implica asumir os desprazamentos a pe por camiños e vías rurais en bo estado e con desniveis moderados. É desaconsellable para persoas con mobilidade reducida, con baixo estado físico ou que non estean afeitas a andar polo monte. A Organización non conta directamente con medios para atender problemas derivados da desatención destas recomendacións)
Duración aproximada 4 horas
Lonxitude 8 Km
Guía Miguel Losada, divulgador, escritor e antropólogo (Xeoparque Serra de Glaciares)
Colabora Concello de Chandrexa de Queixa
Punto de encontro: – Bar Casdiego. Celeiros, Chandrexa de Queixa. 10:00h Como Chegar
NOTA – O bar do punto de encontro estará pechado por vacacións. Se queren tomar un café podedes ir ao sitio onde imos xantar, Casa González e logo desprazarse ao punto de encontro. Como chegar
Prazas dispoñibles 10
Rutas de Historia coñecerá o proxecto Xeoparque Serra de Glaciares, nas Serras de Queixa, Conso e Manzaneda, unha ambiciosa iniciativa cultural centrada nun dos territorios mais fascinantes e descoñecidos de Galicia e que abranguerá percorridos dentro dos mais de 600 km2 da xeografía do inminente Xeoparque así como na dos concellos de referencia deste e nos que se inscribe ese senlleiro territorio.
As aldeas de As Forcadas e Requeixo constitúen dos valiosos exemplos de adaptación as condicións ambientais destas montañas orientais ourensás. Tamén das mudanzas do clima tanto no noso planeta como a escala local. Este percorrido permite observar e comentar as pegadas das grandes linguas glaciares e outros elementos do último período glaciar.
Coma por toda esta Serra, son tamén abondosas as senlleiras historias. Falaremos de cuestións relacionadas coa lírica medieval en Lingua Galega; coa Segunda Guerra Mundial e o volframio (Tungsteno); O Entroido da Serra de Queixa; de festas de grandes días e mellores noites; dos remedios tradicionais da saúde ou de persoas e sucesos extraordinarios.
Observacións: Debe levarse calzado axeitado para camiñar por camiños de terra e pedras. Tamén auga e algo de comida. O xantar terá lugar contra ás 14:30h. Considere a alternativa de Casa González, comida para levar. Rúa do Puleiro, 6, 32786 Chandrexa de Queixa, Ourense Código Plus 7J69+8J Chandrexa de Queixa.
Menú: Embutidos da comarca (chourizo, queixo, xamón,etc ), de segundo cocido galego, bebidas (auga, viño, gaseosa ou cervexa), postre, café e licores.
Prezo 20 euros.
Prazas dispoñibles 10
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder AQUI
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com