Este roteiro xa completou o cupo de persoas .
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:O roteiro a desenvolver discorrerá non só polo nucleo urbano da vila do Baño (Cuntis) senón igualmente por núcleos rurais, pequenas zonas forestais e superficies con bosque de ribeira no curso do río Gallo. Con independencia dos elementos paisaxísticos e medio ambientais, esta camiñada busca dar a coñecer varios dos testemuños históricos e arqueolóxicos vinculados ao municipio termal. Por unha banda pasarase polas inmediacións do castro de Meira, visitaranse os petróglifos de Cartas de Fóra, farase parada nos montes de Marán e Castrolandín e, percorremos o urbe bimilenaria de Cuntis, a antiga Aqua Calidae citada polo xeógrafo clásico Ptolomeo.
Neste recinto vilego darase conta da localización das antigas termas e balnearios, coñecerase o valor do pozo e burga de Lume de Deus (existente xa no S. I d.C.), a fonte do baño romano (na rúa real), as antigas canalizacións de auga, os altares romanos e outros testemuños arqueolóxicos… Todo isto dando pé a falar non só da época clásica senón, asemade, da Alta e Baixa Idade Media.