Seguindo o fío da novela “O Xardineiro dos Ingleses”, editorial Galaxia 2017, Premio García Barros 2017, Premio San Clemente 2018, visitaranse lugares emblemáticos da vila arousá onde aínda fica a pegada da visita das escuadras da Royal Navy dende 1874 a 1936.
Unha historia hoxe esquecida por moitos veciños e veciñas de Vilagarcía e que marcou para sempre, malia o progreso e a desaparición de moitos dos seus espazos, os costumes e o devir dos seus habitantes e os de toda a comarca.
Tamén se fai referencia a visitantes ilustres da vila como o poeta Federico García Lorca ou o pintor Joaquín Sorolla.
O roteiro visitaría o Cemiterio inglés de Rubiáns, o Hotel Moderno/Café Universal, o Salón García, o Peirao do Ramal, Praza da Peixería, Pazo de Vista Alegre e a mansión da Comboa.
Os menores poderán acudir, pero sempre baixo a total responsabilidade dun adulto, non estando cubertos polo seguro de accidentes.
Este roteiro xa rematou.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com