Finalizado
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:
CANCELACIONS
Ata o venres 13 de maio ás 12h aceptaránse as cancelacións sen custe. A partir desa hora xa non é posible cancelar e solicitar a devolución da fianza.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.