Esta é unha ruta litoral a través da cal coñeceremos a carpintaría de ribeira, proceso tradicional da fabricación de embarcacións de madeira.
Saíndo de Freixo, pasaremos pola praia de Siavo para dirixirnos cara á praia de Broña. Observaremos numerosas ramplas de pescadores e varios talleres artesanais de carpintaría de ribeira, fundamentais no desenvolvemento económico do concello a principios do século XX, chegando a contar con 36 talleres.
Visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para apreciar o traballo que se realizaba neles. Un deles é agora un museo da Carpintería de Ribeira. Durante o roteiro tamén se verán os restos dos estaleiros onde se construíron barcos como o Joaquín Vieta.
XANTAR OPCIONAL
Lugar (O Taboleiro)
MENU
1° Navallas da ría á plancha
2º Pescada á romana
Xamón asado con guarnición
Sobremesas
Arroz con leite
Tarta de queixo ao forno
Viño branco e tinto
Auga
Gaseosa
Café

Máis información sobre o Concello de Outes en turismo.outes.gal

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com