A mansión dos milesios e fogar de Breogán. A Coruña que cantou Murguía
10 Xuño
Cupo máx. 50
Guía Suso Martínez, historiador e guía oficial de Turismo Data 10 xuño 2023
Punto de encontro Praza de María Pita. Hora saída 11:00 h Lonxitude 6 Km Duración 3 horas. Dificultade baixa
Andaina guiada pola cidade vella e un tramo do Mar de Santo Amaro para descubrir a historia da Coruña dende o grande porto romano, logo grande porto medieval. Buscaremos as claves atlánticas dende o mundo dos mitos ata a arribada dos chieftains gaélicos no XVII e a súa configuración como identidade de Galicia polos membros da Cova Céltiga. Un recorrido que nos levará dende a Pescadería Coruñesa ata o Cemiterio de Santo Amaro, incluíndo a visita do Museo Arqueolóxico de San Antón.