Inicio Casa Ferreiro (Seoane). De alí desprazaremonos nalgúns veículos ao inicio da ruta
Data 24 de maio 2025
Hora 9:30
Saída/Chegada 09.30 horas/14h
Distancia/desnivel: 9 km / +300
Dificultade Media
Guía Iván A. Álvarez Merayo. Arqueólogo. Comité científico Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Courel”. Técnico deportivo de Media Montaña (TD2). AEGM nº 1870
Prazas 0
Esta tranquila ruta circular, desenvólvese por unha serie de camiños en moi bo estado e, en principio, apta para todas as idades e niveis sempre que se estea afeit@ a andar regularmente. Unha vez alí poderemos ver un espazo arqueolóxico de primeira magnitude. É impresionante o corte da mina, na que escavaron 800.000 m3 na pena. Apréciase perfectamente a piscina para conter a auga necesaria para os traballos mineiros, as canles de ataque, galerías, etc. Baixaremos dentro da mina. Durante a ruta, explicarase a xeoloxía da zona, e os sistemas de explotación mineira que desenvolveron os romanos.
Material: Mochila con auga e algo de picar. Zapatillas ou bota de monte. Gorro, gafas de sol, roupa de abrigo, ou chuvasqueiro, segundo condicións meteorolóxicas. Recomendable bastóns de trekking.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com