Roteiro finalizado
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:A actividade consta de varios módulos prácticos, tales que:
A duración da actividade será de 7h repartidas en dous bloques. Intercálase o tempo do xantar, dunhas 2h adicionais, de 14:45 a 16:45.
O remate completo da actividade fíxase nas 19:30h.
Partindo das instalacións do Albergue Municipal do primeiro, as persoas participantes coñecerán o núcleo urbano do Concello. Nel pasarase revista ós segredos do seu Museo etnográfico antes de camiñar cara unha das xoias xeolóxicas mais senlleiras de todo o territorio galego, a Cenza. Esta palabra vernácula, sinónimo de fervenza, condiciona dramaticamente o perfil do río de tal xeito que este tira seu nome do monumental salto de auga e verdadeira reliquia do pasado glacial destas serras graníticas do oriente galego.
Baixo dos varias veces centenarios rebolos (Querqus pyrenaica L.) e castiñeiros (Castanea sativa M.) achegarémonos ós segredos da tradición oral local presidida pola tradición do Entroido e por un poderoso ciclo de relatos ancorados en fontes históricas e documentais, que fan deste territorio un inesperado epicentro e referente cultural.
A magnitude do desenvolvemento hidroeléctrico desta parte de Galicia pasa inda, en boa medida, desapercibido xa que boa parte del é subterráneo. Un espectacular territorio de estruturas telúricas invisibles que tentaremos narrar en razón das paisaxes visibles. Do pasado recente, de puxanza da economía rural da montaña ó presente da enerxía e soidades.
XANTAR PREZO 12 €
Data límite reserva mércores 5 outubro 2022
Reservar aquí https://rutasdehistoria.com/product/xantar-vilarino-de-conso/
CANCELACIONS
Aceptaranse cancelacións ata unha semana antes da data do roteiro. A partir desa data xa non é posible cancelar nin solicitar a devolución da fianza.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.