A Serra do Barbanza é un auténtico espazo natural e cultural que se conservou de maneira privilexiada nunha zona de importante expansión demográfica e económica. Malia as desfeitas das últimas décadas, o Barbanza preserva aínda moito do seu patrimonio cultural e arqueolóxico.
Este roteiro prantexa un itinerario pouco habitual no Barbanza, adentrándose nos que eran coñecidos polos aldeáns de Montaña e Montañó como as Terras da Loba Branca, nunha zona aillada das pistas e dos eólicos. Mámoas, fortificacións, camiños, pequenas aldeas, petróglifos, antigas minas percorrense neste roteiro.
As antigas minas do Ouro dos Mouros, a fortificación inédita do Outeiro Murado, o petróglifo do Outeiro dos Corvos, a Arca do Barbanza, o Outeiro Redondo ou o Castelo de Vitres e a súa calzada son algúns dos puntos deste itinerario.
Este roteiro está pechado pero si queres recibir información para as próximas rutas envía un correo a info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de CONTACTO da nosa web.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com