• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Finalizado
    Estaca de Bares, onde a terra abraza o mar

    Finalizado
    Na procura do ouro perdido do río Miño

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0
Vista previa de vídeo

Polas terras irredentas de Lemos: A última gran batalla dos guerrilleiros en Galicia

Finalizado
5 Horas
Idade 13+
Cupo máx. 37

 

  • Dificultade: Baixa
  • Duración: 5 h
  • Lonxitude: 9 km
  • Guías: Xurxo Ayán, Arqueólo e investigador do CSIC e Xosé Gago, coordinador do proxecto turístico do Castro de San Lourenzo.
  • Data: 23 de setembro de 2018

 

Castro de San Lourenzo

Na tarde do 20 de abril de 1949 ten lugar a batalla que marca o inicio do fin da Guerrilla en Galicia.
Acontece en Repil, na lindeira entre Monforte e A Pobra do Brollón, na chamada Casa d ́O Facha na que estaban refuxiados cinco guerrilleiros.
En abril de 2018 realizouse a segunda campaña de escavacións arqueolóxicas en Repil. Dita campaña permítenos reconstruir coma se dun capítulo de CSI se tratase o que alí aconteceu aquel día.

Este roteiro comezará no lugar de Repil, onde entenderemos o suceso a través dos restos arqueolóxicos. Dende Repil colleremos a ruta que colleu Fermín Gutiérrez Lada Segura, guerrilleiro que conseguiu escapar ata a parroquia de Cereixa.

Durante o percorrido coñeceremos a fondo esta parroquia luguesa grazas a elementos de interese e, sobre todo, aos seus vecinos, do pasado e do presente, entre os que sobrancea María Castaña.
A visita rematará no Castro de San Lourenzo onde se está a levar a cabo un poroxecto de Arqueoloxía en Comunidade. No xacemento, ademais de restos de época galaico-romana, téñense atopado restos medievais, incluíndo unha necrópole na que apareceron uns restos humanos en moi bo estado de conservación alcumados como Atilano.
Dende o castro volveremos cara a Parrillada O Fogón, primeira parrillada da provincia de Lugo, onde quen o desexe poderá xantar.

Aviso: A noite do día 22 de setembro hai un festival “As cores de outono” que organiza o concello da Pobra do Brollón cun concerto de Luar Na Lubre. Por si alguén está interesado en quedar a durmir na zona, ou para a xente que acuda ao roteiro do anterio en Sober

 

 

 

Punto de encontro

Parrillada O Fogón

  • Punto de encontro
    Parrillada O Fogón, Cima de Vila, s/n, 27334 Cereixa, Lugo
  • Hora de saída
    10:00 h aprox
  • Finalización
    14:30 aprox
  • Inclúe
    Seguro de accidentes
  • Non inclúe
    Transporte
    Comida

Evento finalizado. Revisa o resto de roteiros.

Este roteiro foi visto 3,888 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.