• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Últimas prazas
    Sargadelos, o mundo máxico das formas, cores e animais míticos de Galicia

    Finalizado
    Estaca de Bares, onde a terra abraza o mar

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0

Un monte, tres castelos – Roteiro sorpresa no Día Mundial do Patrimonio

16 NOV
4 Horas
Idade 14+
Cupo máx. 60

NOTA IMPORTANTE. Xa non quedan prazas dispoñibles para este roteiro pero imos abrir 10 prazas de reserva por se alguén se dá de baixa. O procedemento é o mesmo, salvo que si finalmente non poden acudir porque non hai baixas devolveríamos o importe íntegro da inscrición e reserva de xantar.  Hora desta nota 30/10/2019 ás 14:00h.

Actualización: Xa non hai máis prazas dispoñibles. Hora desta nota 30/10/2019 ás 22:00h.

 

  • Data: Sábado 16 de Novembro de 2019
  • Dificultade: ALTA (O roteiro implica desprazamento por zonas abruptas e pouco accesibles. É desaconsellable para persoas con mobilidade reducida, con baixo estado físico ou que non estean afeitas a andar polo monte. A 0rganización non se fai cargo da xente que teña problemas por non ter atendido a estas recomendacións)
  • Idade mínima: 14 anos
  • Duración aproximada: 5 horas
  • Lonxitude: 10 Km
  • Guías: Manuel Gago de Patrimonio Galego e Xilberto Caamaño da “Asociación Monte Pindo Parque Natural“, Pepe do Fieiro, mestre, cabreiro, e grande coñecedor dos segredos do monte Pindo.
  • Grupo máximo: 60 persoas
  • Hora de saída: 9:30h
  • Menú: Tortilla, mexilóns e empanada de primeiro e carne de segundo ( bebida + sobremesa ou café). Total 16 euros / por persoa (Pago anticipado no momento da inscrición. O pago do menú non exime de realizar o pago da inscrición)
  • Punto de encontro: Aldea de O Fieiro, Mazaricos (A Coruña) https://www.google.com/maps/dir//42.9091724,-9.1005601/@42.909253,-9.1353976,17434m/data=!3m1!1e3!4m2!4m1!3e0
  • CANCELACIÓNS. Data límite, martes 12 de novembro ás 23:59h.

O monte Pindo (Carnota) é un dos grandes espazos naturais da costa galega, pero tamén concentra, de maneira singular, unha gran riqueza cultural. Ata tres fortificacións ubicadas en diferentes lugares do monte dan conta da evolución dos procesos de fortificación na costa galega durante a longa Idade Media. O castelo de San Xurxo / O Pedrullo, Penafiel e a gran e máis descoñecida fortaleza da Moa nos presentan moitas preguntas e poucas respostas.

Neste roteiro ascenderemos ata a Moa percorrendo as evidencias máis significativas da enigmática fortificación que delimita a zona superior da montaña, observando a distancia as outras fortificacións e accedendo a outras localizacións vinculadas ao rico patrimonio cultural material e inmaterial do monte.

Será un roteiro no que transitaremos entre a realidade dunhas evidencias preservadas nunha zona aillada e o rico imaxinario dun monte que nos conta a historia transformada en lenda.


Fotos da Asociación Monte Pindo Parque Natural

Punto de encontro

  • Punto de encontro
    Aldea de O Fieiro, Mazaricos (A Coruña)
  • Hora de saída
    9:30h
  • Finalización
    14:30
  • Inclúe
    Seguro accidentes
    Xantar (é obrigatorio facer o pago anticipado dende esta mesma páxina)
  • Non inclúe
    Aloxamento
    Transporte

Este roteiro xa completou o seu cupo. Non é posible inscribirse.

Este roteiro foi visto 4,639 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.