• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Últimas prazas
    Sargadelos, o mundo máxico das formas, cores e animais míticos de Galicia

    Finalizado
    Estaca de Bares, onde a terra abraza o mar

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0

Lugo romano

Finalizado
4 Horas
Idade 13+
Cupo máx. 60

  • Data: Sábado 4 de maio 2019
  • Saída ás 10:00 horas
  • Duración aprox. 4 horas
  • Grupo máximo 60 persoas
  • Itinerario: volta completa á muralla romana (2.200 metros), Praza Maior (antigo foro romano), monumento aos fundadores de Lucus Augusti, piscina romana na Praza de Santa María, mosaico romano e aras votivas no Museo Provincial e Praza de Santo Domingo (monumento ao Bimilenario de Lucus Augusti).
  • Guía  Lidia de la Fuente, Guía Oficial de Turismo de Galicia e impulsora do proxecto Camiños con Arte.

No século I a.C., durante as guerras cántabras, entre os anos 25 e 19 a.C. o Imperio Romano estableceu un campamento militar nun cumio á beira do río Miño, un emprazamento estratéxico que lles permitía continuar a súa conquista do noroeste, o territorio que co tempo se convertiría na provincia da Gallaecia. Ese campamento militar considérase a orixe da cidade de Lucus Augusti, fundada entre os anos 15 e 13 a.C. por Paulo Fabio Máximo, legado do emperador César Augusto.

Na nosa ruta por Lucus Augusti, a cidade máis antiga de Galicia, seguiremos as pegadas dos soldados percorrendo toda a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade, única muralla romana no mundo que conserva íntegro todo o seu perímetro, de aproximadamente 2.200 metros.

A Porta Miñá, a Porta de Santiago, as escaleiras interiores da muralla e a torre da Mosqueira, coas súas ventás orixinais dispostas para vixiar a millas de distancia, levarannos de volta á época romana durante o noso percorrido.

Visitaremos tamén vestixios arqueolóxicos musealizados in situ, como a piscina romana situada na Praza de Santa María, ao lado da Catedral e no Camiño Primitivo a Santiago de Compostela.

O emprazamento do foro, das domus máis luxosas decoradas con mosaicos, das necrópoles, dos fornos cerámicos e mailo acueducto permitirannos darlle forma á capital romana do convento xurídico lucense que pervive baixo os nosos pés.

Punto de encontro

Estación de Autobuses de Lugo

  • Punto de encontro
    Estación de Autobuses de Lugo, Rúa Cidade de Vigo 8, Lugo
  • Hora de saída
    10:00h aprox
  • Finalización
    14:30 aprox
  • Inclúe
    Seguro de accidentes
  • Non inclúe
    Comida
    Transporte

Finalizado

Este roteiro foi visto 2,819 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.