Este roteiro está completo
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:NOTA . O prezo deste roteiro é de 6€ e inclúe unha ruta marítima como parte do percorrido final, polo que neste caso non se cobra fianza e como tal non haberá devolución xa que o importe cobrado é exclusivamente de gastos.
Ferrol ten o dereito a saber e o deber de recordar a longa estirpe de rebeldes que converteu o movemento obreiro ferrolán na punta de lanza do movemento obreiro galego. Este roteiro procura divulgar a historia heroica do pobo traballador e situar este movemento social no lugar central que lle corresponde na conquista dos dereitos democráticos. O Ferrol rebelde é, sobre todo, o Ferrol solidario, o Ferrol de homes e mulleres que se senten irmáns e camiñan xuntos pola liberdade.
Ferrol rebelde percorre os lugares máis significativos de cen anos de loita obreira. Dunha maneira amena procura aproximarse ao perfil humano dos seus protagonistas, aos documentos que produciron e aos ideais que os mobilizaron. O roteiro comeza en 1871 coa publicación en Ferrol do primeiro xornal obreiro de Galiza “El trabajo” e finaliza en1975 co asasinato de Moncho Reboiras.
Ferrol rebelde está dividido en dez paradas que marcan grandes fitos da historia de Galiza:
Tras o roteiro polas rúas de Ferrol, haberá outro roteiro polo mar para coñecer outros lugares imprescindibles deste Ferrol rebelde desde as augas da ría.
info@rutasdehistoria.com