• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Finalizado
    A Barcala, o país dos ríos e a guerra de tres parroquias por unha ponte

    FINALIZADO
    Polos dominios dos célticos praestamaricos: mámoas, petróglifos e castelos na Península do Barbanza

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0

Ferrol rebelde: Un paseo por 100 anos de historia obreira

Pechado
4 Horas
Cupo máx. 100

  • Data: Domingo 15 de setembro de 2019
  • Dificultade: baixa
  • Tipoloxía: Combinado (xeira a pé + roteiro marítimo)
  • Duración aproximada: 4 horas
  • Lonxitude: 5 Km + ruta en barco
  • Guía: Marcos Abalde, Asociación Cultural Roxín Roxal
  • Grupo máximo: 100 persoas
  • Punto de encontro: Palco da música do Cantón
  • Hora de saída: 10:00h

NOTA . O prezo deste roteiro é de 6€ e inclúe unha ruta marítima como parte do percorrido final, polo que neste caso non se cobra fianza e como tal non haberá devolución xa que o importe cobrado é exclusivamente de gastos.

Ferrol ten o dereito a saber e o deber de recordar a longa estirpe de rebeldes que converteu o movemento obreiro ferrolán na punta de lanza do movemento obreiro galego. Este roteiro procura divulgar a historia heroica do pobo traballador e situar este movemento social no lugar central que lle corresponde na conquista dos dereitos democráticos. O Ferrol rebelde é, sobre todo, o Ferrol solidario, o Ferrol de homes e mulleres que se senten irmáns e camiñan xuntos pola liberdade.

Ferrol rebelde percorre os lugares máis significativos de cen anos de loita obreira. Dunha maneira amena procura aproximarse ao perfil humano dos seus protagonistas, aos documentos que produciron e aos ideais que os mobilizaron. O roteiro comeza en 1871 coa publicación en Ferrol do primeiro xornal obreiro de Galiza “El trabajo” e finaliza en1975 co asasinato de Moncho Reboiras.

Ferrol rebelde está dividido en dez paradas que marcan grandes fitos da historia de Galiza:

  1. A bandeira vermella do brigadier Pozas
  2. Pedrosa, precursor do socialismo galego
  3. Proletarias, fame de xustiza
  4. Congreso obreiro internacional para deter a Primeira Guerra Mundial
  5. Centro Obreiro de Cultura, a maior biblioteca de Ferrol
  6. Un vestixio do Ferrol republicano
  7. Praza Pablo Iglesias nº4, centro neurálxico do socialismo
  8. Derrotados. Non sometidos.
  9. A porta da memoria
  10. Moncho Reboiras, semente de vencer

Tras o roteiro polas rúas de Ferrol, haberá outro roteiro polo mar para coñecer outros lugares imprescindibles deste Ferrol rebelde desde as augas da ría.

 

Punto de encontro

Cantóns

  • Punto de encontro
    Palco da música do Cantón
  • Hora de saída
    10:00h.
  • Finalización
    14:30h aprox.
  • Inclúe
    Seguro accidentes
  • Non inclúe
    Aloxamento
    Xantar
    Transporte

Este roteiro está completo

Este roteiro foi visto 3,519 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.