Se, actualmente, en calquera outra parte de Europa e mesmo pode que en calquera outra parte do mundo, chegárase a descubrir unha inmensa cidade prehistóricade mais de cento cincuenta mil metros cadrados, a bo seguro que esa había de ser unha das novas dos principais informativos dos medios de comunicación. Cando iso acontece nas prodixiosamente antigas montañas Galicia, non o é.
No concello de A Mequita, Ourense, xa na extrema mesma onde a Galicia administrativa marxea con Zamora e con Portugal, hai menos dunha década que apareceu, foi descuberta unha fabulosa fortificación sita a mais de 1300 metros de altitude.E non está sola. Nas súas inmediacións, visibles dende ela, hai outras algo menores. Dunha dela sábese que está sobre unha mina de estaño. Do conxunto desta inmensa area urbanizada, apenas nada debido á endémica falla de investigacións.
Dende o ano 2017 a Empresa A Citania Arqueoloxía e Xestión do Patrimoniomailo Concello de A Mezquita, decidiron facer algo ó respecto e comezaron un programa de actuacións encamiñado a tratar de achegar luz sobre aquela poderosa sociedade que hai tanto tempo xa era quen de edificar semellantes obras que implicaban erguer quilométricas murallas de moitos metros de altura, cinco de anchura e colocadas logo dun sistema de foxos de até quince metro de fondura e noiros con outro tanto de altura. Ó redor destes, campos de pedras fincadas e todo elo perfectamente visible e accesible, agás o desnivel, hoxe en día.
Quen puido facer todo isto, mover e colocar os millóns de quilogramos de pedras necesarias; os millóns de toneladas de terra cavada e colocada; as hectáreas de pedras fincadas….porque se fixo? baixo que condicións e circunstancias? Quen e cando? Son cuestións que hoxe non teñen inda resposta. A primeira campaña de escavacións arqueolóxicas sobre este conxunto monumental comezou neste pasado mes de abril de 2019. Neste roteiro informarase sobre o traballo realizado e as perspectivas de futuro nunha das bisbarras mais descoñecidas e de espectaculares paisaxes de toda Galicia.
As localidades de A Mezquita (Ourense) onde pode verse o exterior do Pazo de A Mezquita, enteiramente cuberto de marcas de canteiro que con grande probabilidade proveñen dunha antiga torre medieval situada a pouca distancia. Chaguazoso (Ourense)onde existe outro xacemento integrado por unha gran fortificación prehistórica e sobre unha mina de estaño. A Moimenta (Portugal) a pouca distancia e onde pode visitarse un valioso conxunto de arquitectura con interese etnográfico, como a forxa tradicional ou os muíños tipo Folón e mesmo o café da Praça do Comercio.Castromil (Zamora),é unha peculiar aldea que posúe unha parte en Galicia e outra en Zamora. Todos este lugares e mais posúen interesantes lugares de interese. Un dos mais curiosos é o chamado Penedo dos Tres Reinos, que serve de soporte do marco 349 da Raia entre Galicia Portugal e a súa curiosa historia ou o enigmático petróglifo do Meniño de Pedra. Nesta ocasión estes elementos fican fora das posibilidades da ruta.
Recomendacións: compre que cada participante leve auga, algo de comer, e protección contra a insolación, a friaxe e mailo ventoque nestes altos adoita ser relativamente intenso e persistente. É unha ruta inicialmente en subida continua de moderada a alta. O global da ruta pode cualificarse como de exixencia media para persoas sen graves impedimentos de mobilidade ou de saúde en xeral. Existe un seguro sobre esta actividade.
Este roteiro conta coa colaboración do Concello de A Mezquita, que facilitará un autobús para desplazar a todos os participantes dende o punto de encontro ao punto de partida, e dende o punto de finalización ata o punto de encontro.
Punto de encontro
Finalizado
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.
A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria
Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.
Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI
Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
info@rutasdehistoria.com