Prazas esgotadas. Podes enviar un email a info@rutasdehistoria.com indicando o número de persoas que queredes ir.
Se hai algunha baixa chamaremos por orde de inscrición.
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:Seguindo a obra “A lavandeira de San Simón“, con texto de Eva Mejuto e Ilustracións de Bea Gregores, percorreremos, partindo do Porto de San Adrián de Cobres (Vilaboa) as Illas de San Simón e Santo Antón, atendendo principalmente á historia dos seus anos máis negros, cando foi cárcere de campo de concentración franquista, entre 1936 e 1944. A segunda parte da ruta será no Porto da Portela, ao que accederemos desde o antigo lavadoiro da Xunqueira, percorrendo a pé o paseo da Portela, ata chegar ao Porto da Portela, seguindo as pistas das “lavandeiras” ou “madriñas”, a rede de axuda de mulleres que lavaban a roupa aos presos da Illa e do barco-prisión Upo Mendi. A Portela foi, tamén na Segunda Guerra Mundial, un lugar importante para a fuxida de xudeus. Unha familia da zona formou parte destas dúas redes solidarias, a de Faustino Otero (Faustino da Portela) e Bernardina Lino. Un roteiro pola literatura, pola Historia e a memoria.
BARCO DENDE VILABOA A SAN SIMÓN
“Esta ruta inclúe unha visita á illa de San Simón. Estamos aínda traballando para negociar o prezo de grupo para a visita á illa do que que avisaremos puntualmente a todos os inscritos”
XANTAR
A organización tentará nalgúns roteiros conseguir un menú para xantar do que se informará preceptivamente antes da celebración dos roteiros. Avisaremos previamente ás persoas inscritas.
CANCELACIONS
Ata o venres 16 de setembro ás 12h aceptaránse as cancelacións sen custe. A partir desa hora xa non é posible cancelar e solicitar a devolución da fianza.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.