Neste roteiro, eguindo as pegadas das irmás Touza a partir da obra Memoria do Silencio, de Eva Mejuto, achegarémonos á vila de Ribadavia e tamén á fronteira do sur da provincia de Ourense con Portugal, tratando de coñecer polo miúdo o labor que as Irmás Touza: Lola, axudada polas súas irmás Xulia e Amparo, nos anos 40 do pasado século axudaron aos fuxidos do nazismo a atravesar a fronteira co país veciño na procura da liberdade. Calcúlase que foron máis de 500 as persoas que puideron salvar a vida grazas a unha rede de apoio liderado, na parte final do camiño, polas tres mulleres. Esta xornada ten como finalidade recuperar a memoria a través da literatura, seguindo o fío narrativo de Memoria do Silencio (Xerais, 2019), obra finalista do Premio Jules Verne.
No caso de por autobús para o desprazamento ata Ponte Barxas o prezo final do roteiro sería de 5 euros para sufragar os gastos e non se devolvería fianza
Menores de idade poden acudir baixo a responsabilidade dun adulto. Non están cubertos polo seguro de accidentes.
Prazas esgotadas

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com