Data: 18 novembro de 2023
Punto de encontro Diante do Pazo de Meirás 10:30h
Lonxitude 5km
Duración 3 horas e media
Dificultade baixa
Prazas dispoñibles 0
Guían o Roteiro
Eva Mejuto, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi
Partindo das obras: “A ladroa da biblioteca do Pazo de Meirás” (Eva Mejuto) e “Meirás: Un Pazo, un caudillo, un espolio” e “Meirás, un Pazo para el Caudillo” (Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi) exploraremos a historia e a memoria de Sada: as revoltas campesiñas, o legado literario de Emilia Pardo Bazán e o Pazo de Meirás como símbolo do Franquismo por máis de corenta anos, así coma o posterior proceso xudicial coa familia Franco pola propiedade do Pazo e os bens do seu interior.
IMPORTANTE. “Desde antes do verán o interior do pazo atópase en obras polo que a visita verase condicionada por este feito non puidendo entrar no interior do mesmo se cando se realice o roteiro seguen aínda ditas obras. Con todo, o roteiro realizarase pola contorna como xa estaba previsto. Ademais, as visitas están limitadas a 20 persoas. A organización está tentado que todo o grupo poida entrar xunto. Non caso de non recibir autorización realizaranse dúas quendas”
Prazas dispoñibles 0
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder AQUI

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com