FINALIZADO
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:A ruta de aproximadamente 11 km. comeza e termina no lugar de Ponte Maceira, situado na marxe esquerda do do río Tambre, o cal divide aos concellos de Ames e Negreira. A súa ponte medieval incluída no tramo da ruta xacobea cara a Fisterra, está formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construída, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende a Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. Dende Ponte Maceira sairemos cara ás aldeas de Suevos, Portanxil e Leboráns, ata chegar a esta fortaleza de Altamira onde os exércitos de Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso e os do arcebispo Fonseca II se enfrentaron.
XANTAR
Lugar: Restaurante San Lorenzo .
Menú
-1º a elexir: Ameixas ou langostinos
-2ºa elexir: Peixe ou carne asada
– Bebida pan e postre incluído
Prezo 18€ / pago por anticipado.
CANCELACIONS
Prazo límite de inscrición ou cancelación – Mércores 15 xuño ás 14:00h. En caso de non acudir, non sería posible facer o abono do xantar.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.