Descrición
Percorreremos o casco vello da Pobra do Brollón, vila fundada en 1304 por El-Rei Sancho IV e nó de comunicacións no Camiño de Inverno. Dende aí iremos polo Camiño Real até o castro de San Lourenzo, onde se descubriu unha necrópole altomedieval (século IX-XII) sobre un poboado metalúrxico castrexo. Continúa a visita na igrexa de Cereixa, na aldea abandonada de Lamas e na aldea de Repil onde tivo lugar un combate da guerrilla coa Garda Civil o 20 de abril de 1949. De volta á Pobra visitaremos os restos do palacio do bispo de Lugo, e a aldea de Nogueiras.