Todas as persoas participantes deberán actuar dun xeito responsable co medio ambiente e co patrimonio, e favorecer en todo momento a conservación ambiental e o equilibrio social. odas as rutas estarán coordinadas por expertos de distintas asociacións culturais e de divulgación. Os e as participantes deberán seguir en todo momento as súas instrucións e indicacións.
Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar. Para a realización das rutas recoméndase o uso de roupa e calzado axeitado para camiñadas. En caso de mal tempo, recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable.
A chuvia non será impedimento para a realización da ruta. No entanto, a organización resérvase o dereito de modificar rutas do programa se o considera necesario. En caso de suspensión do evento por parte da organización debido ás inclemencias do tempo, comunicarase unha nova data de realización e devolveranse os cartos ás persoas que non podan acudir á nova data.
A inscrición farase sempre dende esta web.
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa por roteiro en concepto de gastos bancarios, seguro de accidentes a gastos de xestión. Non se devolverá importe algún, polo que é necesario que a inscrición a faga con plena consciencia de que vai poder acudir ao roteiro.
No caso de que o roteiro haxa un pre-pago do menú no xantar, este importe non se devolverá en ningún caso, xa que a organización terá que facer fronte ao pago da reserva perante o restaurante.
O prazo de inscrición nos roteiros pecharase o venres anterior ao roteiro ás 14h.
Cancelacións de inscricións. É obrigatorio notificar se non vas a acudir ao roteiro, para que outras persoas na lista de agarda podan ser avisadas.
No caso de que as persoas inscritas non acudan ao roteiro no que están inscritas sen avisar, a organización resérvase o dereito a penalizala para próximos roteiros.
Se precisas un medio de desprazamento para chegar ata o punto de partida e volver podemos porte en contacto co resto de participantes. Hai xente que comparte coche e podedes ir xuntos
O prezo da inscrición non inclúe aloxamento. Pero no caso de querer pernoctar pola zona, e dependendo do roteiro, podemos facilitar datos de aloxamentos recomendados. Nese caso nós mesmos aportaremos os datos.
Salvo indicación expresa, os e as participantes poden sacar fotos e divulgalas. Así mesmo a organización de RdH pode facelo do mesmo xeito, cedendo os participantes os dereitos de imaxe para a súa divulgación polas entidades organizadoras de Rutas de Historia.¡
En caso de accidente, as persoas están cubertas por un seguro de accidentes cunhas coberturas concretas. Esta organización non se responsabiliza dos danos que puidera ocasionarlle. Polo tanto, o escursionista exhonera á organización de toda responsabilidade en caso de accidente que non sexa imputable a estar organización.
É responsabilidade do usuario revisar a dificultade de cada roteiro e facer a súa valoración en base ás súas limitacións físicas ou de saúde. Pode preguntar á organización calquer asunto sobre este punto antes de confirmar a súa inscrición. A participación no roteiro implica que leu, revisou, valorou a información relativa á dificultade do roteiro, e que polo tanto valorou adecuadamente a capacidade ou limitacións para poder participar.
info@rutasdehistoria.com