A ruta de aproximadamente 11 km. comeza e termina no lugar de Ponte Maceira, situado na marxe esquerda do do río Tambre, o cal divide aos concellos de Ames e Negreira. A súa ponte medieval incluída no tramo da ruta xacobea cara a Fisterra, está formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construída, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende a Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. Dende Ponte Maceira sairemos cara ás aldeas de Suevos, Portanxil e Leboráns, ata chegar a esta fortaleza de Altamira onde os exércitos de Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso e os do arcebispo Fonseca II se enfrentaron.
XANTAR
Lugar: Restaurante San Lorenzo .
Menú
-1º a elexir: Ameixas ou langostinos
-2ºa elexir: Peixe ou carne asada
– Bebida pan e postre incluído
Prezo 18€ / pago por anticipado.
CANCELACIONS
Prazo límite de inscrición ou cancelación – Mércores 15 xuño ás 14:00h. En caso de non acudir, non sería posible facer o abono do xantar.
Menores de idade Poden acudir baixo responsabilidade dun adulto.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com