O roteiro a desenvolver discorrerá non só polo nucleo urbano da vila do Baño (Cuntis) senón igualmente por núcleos rurais, pequenas zonas forestais e superficies con bosque de ribeira no curso do río Gallo. Con independencia dos elementos paisaxísticos e medio ambientais, esta camiñada busca dar a coñecer varios dos testemuños históricos e arqueolóxicos vinculados ao municipio termal. Por unha banda pasarase polas inmediacións do castro de Meira, visitaranse os petróglifos de Cartas de Fóra, farase parada nos montes de Marán e Castrolandín e, percorremos o urbe bimilenaria de Cuntis, a antiga Aqua Calidae citada polo xeógrafo clásico Ptolomeo.
Neste recinto vilego darase conta da localización das antigas termas e balnearios, coñecerase o valor do pozo e burga de Lume de Deus (existente xa no S. I d.C.), a fonte do baño romano (na rúa real), as antigas canalizacións de auga, os altares romanos e outros testemuños arqueolóxicos… Todo isto dando pé a falar non só da época clásica senón, asemade, da Alta e Baixa Idade Media.
Este roteiro xa completou o cupo de persoas .

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com